xoves, 14 de febreiro de 2013

Mesa para cestos: á maneira de Noia.

 Onte conteivos que o meu compañeiro sabe facer cestos. Aprendeu de seu pai, que sempre os fixo para a casa. Na comarca de Noia (de onde son eles) teñen unha técnica diferente e moi propia para a construcción dos cestos pois empregan unha mesa como base para o traballo. Hoxe vou explicarvos como fixemos a nosa mesa e noutra entrada posterior o proceso de construcción.

 Buscando onte un tableiro para comezar, de súpeto ocorréuseme unha idea ó ver unha mesiña moi coñecida de IKEA que os anteriores inquilinos da nosa casa deixaran por aquí. Era perfecta! Mira por onde lle demos un novo uso a unha mesa que non nos daba precisamente moito xogo, reutilización!
  Primeiro situamos un tableiro a certa altura debaixo da parte superior da mesa e asegurámolo cunhas puntiñas. Despois, cunha corda dende o centro, fomos trazando unhas circunferencias concéntricas que servirán para marcar o ancho do noso cesto.


 A continuación facemos unhas marcas nas circunferencias que servirán para fixar os furados que faremos co taladro, furados polos que introduciremos os montantes do noso futuro cesto para logo comezar a tecer.


 E este sería o antes e o despois da nosa mesa xa cos vimbios preparados para comezar a traballar. Na vindeira entrada, un cesto!





3 comentarios:

  1. Qué buena idea! Ahora a ver el resultado...
    :*

    ResponderEliminar
  2. Ola ole e ole.

    Qureo ver o resultado que vai quedar precioso en amarelo.
    Gostaríame aprender esa técnica porque nunca fixen un así. ¡Empézase polo final e remátase polo principio!.

    MUAKIS.
    Cristina.

    ResponderEliminar
  3. Graciñas ás dúas!
    E ti Cris xa sabes que cando queiras quedamos para esa tarde cesteira. Nós estamos acumulando vimbios para a ocasión.

    Bicazos!

    ResponderEliminar

Unhas palabriñas...