domingo, 14 de abril de 2013

Preparando a horta.

  Por fin saíu o sol. 
 Que chovese tanto este ano é unha alegría, dende logo, sobre todo despois do noso primeiro verán aquí no que chegamos a quedar sen unha gota. Pero a verdade é que ultimamente xa era demasiado ata para min, máis que nada o feito de chover de xeito continuo sen a piedade de alternar con algunha raiola de luz foi o que se convertiu en algo xa insoportable. 

 Pero por fin saíu o sol. E comezamos a preparar a finca, as prantas e especialmente a nosa horta. O ano pasado máis ben foi unha hortiña porque non chegaba nin a 8 metros cadrados de superficie. Así era.


 Foi un experimento non moi productivo agás polos cabaciños, eses sí que son agradecidos!


 Pero tamén plantamos pirixel, xudías, tomates, cenouras, pimentos, alloporros e leitugas. Quitando o pirixel, as xudías e algún tomate, o resto non merece ser comentado. Iso sí, tiñamos unha horta moi colorida: os nosos "tagetes" (non sei como se chaman en galego... e como dicía o meu compi, "5 tagetes tiene mi huerto, cuatro en la esquina y uno en el centro", jajaja!), as caléndulas e a albahaca, todo cunha finalidade dentro da horta pois tratamos de facela o máis ecolóxica posible e para iso contrarrestamos posibles problemas con solucións sostibles, como tamén as "piscinas" para babosas. En fin, todo un experimento que este ano agardamos mellorar (máis vale...). 
 E para iso comezamos marcando o perímetro da nova horta, creo que provisional pero máis ou menos será algo así.


  Este ano toca xa aumentar superficie e creo que polo menos plantaremos uns 30, yujuuu! O próximo será preparar a terra, sachar e abonar, para despois dispoñer os bancais tendo en conta as hortalizas que plantaremos e o sistema de riego que todavía está por diseñar. De momento agardan o pirixel e as caléndulas pacientemente...




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Unhas palabriñas...