domingo, 17 de febreiro de 2013

Un niño nun carballo.

 Esta primavera e verán pasados foron un disfrute cos paxaros que decidiron vivir  con nós. Un par de parellas de merlos aniñaron na paneira nun oco dunha parede entre as pedras. Dende a ventá da nosa habitación puidemos ver como alimentaban ós merlos pequenos chegando con grandes gusanos no pico. Tamén no furado dun carballo había un niño de, según meu pai, "picafollas" e outro máis nun pequeno oco do hórreo.

 No meu pasado cumpreanos unha boa amiga regaloume un niño feito por ela e levaba agardando para ser colocado nunha das nosas árbores un bo tempo. 



O sábado, que fixo un día marabilloso, por fin lle buscamos o seu lugar e cómo non, nun dos nosos carballos.


  Así luce agora, agardando por inquilinos con plumas. Moitas gracias, L.P.!


1 comentario:

  1. Que ben queda nese carballo! Alégrome moito, gracias!
    A ver agora se os paxaros pican e fan dela un fogar :_)

    ResponderEliminar

Unhas palabriñas...