xoves, 4 de xullo de 2013

Xabón de lavadora caseiro.

 Fai tempo que quería facer xabón para a lavadora a partir do xabón que nós facemos reciclando aceite usado. Estamos moi contentos co resultado das pastillas que utilizamos para lavar a louza así que por qué non facer un xabón para a lavadora?

 O proceso foi moi sinxelo e para ser a primeira vez, e polo tanto un experimento, saíu bastante ben, creo. Aí van, dous litrazos de xabón de lavadora, yuhuuu!


  Os pasos foron os seguintes:
  -primeiro raiamos aproximadamente uns 200 gr. do noso xabón
 -poñemos a quentar uns 2 litros de auga e xusto antes de que comece a ferver botamos o xabón raiado
 -a continuación imos removendo para que se dilúan todas as virutas
 -unha vez diluídas, botamos un chorro de suavizante (polo do aroma) e batimos con batidora (...redundancia) ata que se nos creou unha textura branca
 -deixámolo repousar e envasamos


 Aviso de que as medidas foron a ollo, probando sorte, e finalmente gustounos moito a textura xelatinosa que resultou. Se tivera quedado moi líquido sempre poderíamos ter raiado máis xabón e de quedar demasiado denso tamén poderíamos rebaixalo de novo cunha pouca auga quente, ir batendo... e así ata dar coa densidade do noso gusto. 
 E xa puxemos dúas lavadoras con el e seguimos encantados. Acabouse mercar deterxente nesta casa, yuhuuu!


3 comentarios:

  1. Boas,
    Primeiramente, felicitarvos pola idea de facer este blog. Dadesme moita envexa. Eu soño con vivir algun dia nunha aldea como a vosa.

    Eu tamén fago xabón caseiro en pastillas e recentemente fixen xabón para a lavadora. A receta que empreguei;
    1 litro aceite usado
    250 gr sosa
    1 litro deterxente lavadora
    sal
    3 litros de auga.
    Remexemos e remexemos e volvemos remexer e pasado 4 dias iremos engadindo 1.5 litros durante 10 dias.

    E unha receta duns apuntes que me pasaron e a min funcioname.

    Ánimo por que o facedes moi ben.
    Bicos
    Jose Castro

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boas Jose!

      Que ilusión este comentario teu, ademais aportando a túa receita. Xa che digo que a nosa é feita un pouco a ollo pero non vexas que ben lava, que é do que se trata, jeje.

      Moitas gracias e igual algún día probamos a túa receita, ;)

      Eliminar
  2. Xenial nos facemos xabon e ei probar a tua receta

    ResponderEliminar

Unhas palabriñas...