luns, 29 de xullo de 2013

Renovación dunha vella mesa de televisor.

 Estes días de xullo estiven adicando grande parte do meu tempo a restaurar e renovar algúns mobles que tiña aparcados dende facía moito. Pouco a pouco ireivos ensinando algúns resultados, dalgúns estou bastante orgullosa e doutros non tanto, non sempre as cousas saen como unha as imaxina e sobre todo como unha é moi dada á improvisación (ou como dicimos aquí, ó método "á vaiche boa", jeje).

 Hoxe vou amosarvos como renovei unha mesa de televisor vella, a que meus pais fai moitos anos utilizaron para colocar a súa primeira televisión en cor e o primeiro vídeo VHS que chegou á nosa casa, un xigante que tiña un mando a distancia que era coma un ladrillo!
 Esta é a mesa antes e despois de pasar polas miñas mans.


 O proceso tamén moi sinxelo:

-capa de imprimación para que se adhira ben a pintura
-capa de pintura "vermellón chic" para toda a mesa e negro para a parte baixa das patas.
-debuxo a lapis e posterior pintado (buuufff, unha cantidade de horas para sentir que por fin quedaba ben...)
-capa de barniz satinado

 Agora non sei moi ben qué facer con ela porque en realidade non preciso unha mesa así, xa estou servida de mesas, de feito estou pensando en vendela por internet, quen sabe, ó mellor a alguén lle gusta e se interesa. O que sí creo é que ninguén me vai pagar tódalas horas que estiven enriba dela pincel en man... supoño que é o que ten ser unha aficionada. 


4 comentarios:

  1. Unhas palabriñas.... És unha AR-TIS-TA-ZA!!!!

    ResponderEliminar
  2. Carai, cacho cumplido en maiúsculas!
    Moitas gracias, unha fai o que pode, jeje!

    ResponderEliminar
  3. Estou abraiada, a cor encántame pero o debuxo deixoume sen palabras!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. De novo, moitísimas gracias!
      E gracias por comentar, tamén!

      Eliminar

Unhas palabriñas...