xoves, 8 de agosto de 2013

Flores de cabaciño en tempura (ou algo así...).

 As flores dos cabaciños que non levan o froito podemos arrancalas e comelas de diferentes maneiras. 


 Onte fixémolas dunha maneira moi sinxela pero moi moi resultona:

-lavamos as flores, arrancamos o pistilo do interior e o rabiño e deixámolas secar
-preparamos unha mestura con fariña, auga (media taza de cada unha) e unha clara de ovo levada ó punto de neve; pretende ser unha especie de tempura.
-engadimos a esta mezcla sal e pimenta e removemos ben
-cortamos unhas lonchas pequenas de queixo e introducímolas nas flores e pechámolas igual que estaban antes de abrilas (como o envoltorio dun caramelo); nós usamos un queixo da zona (Arzúa-Ulloa, riquííííísimos queixos) que nin é fresco nin semicurado, pero moi cremoso.
-pasamos as flores pola mestura e rapidamente á sartén
-sacar da sartén poñéndoas sobre un papel de cociña para escurrir o aceite.


 O sabor é moi interesante (bastante mellor que a miña presentación...), unha "delicatessen" que nos podemos permitir de vez en cando, jeje.

2 comentarios:

  1. Ale! non se me ocurriría xamáis facer fores de cabaciña á Tempura. Teño que probar iso.
    Bks***

    :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ai, graciñas, pero debo dicir que a idea non é miña. Atopeina en internet (cómo non) e ó mellor debía ter dito en qué páxina pero esquecín poñer o enlace...

      Eliminar

Unhas palabriñas...