Onte conteivos que o meu compañeiro sabe facer cestos. Aprendeu de seu pai, que sempre os fixo para a casa. Na comarca de Noia (de onde son eles) teñen unha técnica diferente e moi propia para a construcción dos cestos pois empregan unha mesa como base para o traballo. Hoxe vou explicarvos como fixemos a nosa mesa e noutra entrada posterior o proceso de construcción.
Buscando onte un tableiro para comezar, de súpeto ocorréuseme unha idea ó ver unha mesiña moi coñecida de IKEA que os anteriores inquilinos da nosa casa deixaran por aquí. Era perfecta! Mira por onde lle demos un novo uso a unha mesa que non nos daba precisamente moito xogo, reutilización!
Primeiro situamos un tableiro a certa altura debaixo da parte superior da mesa e asegurámolo cunhas puntiñas. Despois, cunha corda dende o centro, fomos trazando unhas circunferencias concéntricas que servirán para marcar o ancho do noso cesto.
A continuación facemos unhas marcas nas circunferencias que servirán para fixar os furados que faremos co taladro, furados polos que introduciremos os montantes do noso futuro cesto para logo comezar a tecer.
E este sería o antes e o despois da nosa mesa xa cos vimbios preparados para comezar a traballar. Na vindeira entrada, un cesto!
Qué buena idea! Ahora a ver el resultado...
ResponderEliminar:*
Ola ole e ole.
ResponderEliminarQureo ver o resultado que vai quedar precioso en amarelo.
Gostaríame aprender esa técnica porque nunca fixen un así. ¡Empézase polo final e remátase polo principio!.
MUAKIS.
Cristina.
Graciñas ás dúas!
ResponderEliminarE ti Cris xa sabes que cando queiras quedamos para esa tarde cesteira. Nós estamos acumulando vimbios para a ocasión.
Bicazos!