O día de hoxe choveu case sen parar. Teño moitísimas ganas de saír fóra e disfrutar da horta, dos cans, de facer isto aquí e o outro alá... pero o tempo parece que non quere axudar en absoluto. Adoro a choiva e tranquilízame ó pensar que probablemente tampouco nos ha de faltar auga este verán pero... buuuuffffff, que vaia parando, POR FAVOR!
En fin, chega o aburrimento dentro de casa e decido combatilo cesteando, unha tarde de soedade entre varas e música de Radio3. Ó final non resultou tan mal este día escuro, ;)
Ocórrenseme diferentes usos para estas pequenas estructuras pero un pode ser como soporte para flores secas colgado nunha parede, que vos parece?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Unhas palabriñas...