O día de onte foi marabilloso, fixemos un montón de cestos.
Organizamos a nosa primeira actividade en casa e decidimos que fose un obradoiro de iniciación á cesteiría pero convertiuse en moito máis que iso. Xuntámonos amigos con outros que se convertiron en amigos, maiores e nenos compartindo un momento de aprendizaxe dun oficio que forma parte da historia dos nosos maiores e da tradición cultural deste país e de cada lugar, unha sabedoría que se está a perder e que convén espallar para que non se esqueza.
En fin, esta reflexión é froito da emoción que todavía sinto ó pensar no día xenial que onte vivimos: uns aprenderon algo que non sabían, outros que xa sabían descubriron algo novo e tamén alguén que sabía e moito acabou transmitíndonos moito máis do que en principio nos plantexáramos como obxectivo da xornada. O caso é que unha veciña que temos moi cercana e xa maior veu para coñecer como faciamos nós os cestos, en principio só viña a mirar pero acabou rematando 7 cestos á maneira na que ela o facía e así mesmo seu pai.
Teño que dar as gracias a Cris, pola súa xenerosidade ó regalarnos un día enteiro para ensinar, e a tódolos asistentes sen excepción, en total 12 alumnos e outros que decidiron vir botar un ollo e compartir un ratiño da nosa xornada comunitaria. Moitísimas Gracias por un día MARABILLOSO!!!
E por certo, dádesme permiso (alumn@s) para poñer algunha foto vosa neste lugar?...
Que envidiaaaaa, ya lo sabes, que pena no poder asistir!!!
ResponderEliminarA ver si puedo ir a la segunda edición!!!
Tengo ganas de un día en Casa Simón!!
Enhorabuena, todo un éxito!!
Bicazossss,
Laura
Gracias a vosotros dos por la gran idea, la hospitalidad, la organización, la recolecta y preparación de los vimbios, la enseñanza... y TODO! Hay que repetir sí o sí.
ResponderEliminar