luns, 5 de novembro de 2012

Tambor de lavadora reciclado.

 Iso que vedes na foto é un tambor de lavadora que onte á tarde serviu como asador de castañas nun magosto entre amigos que celebramos na aldea, un exemplo de reciclaxe xenial.

 A idea deste magostiño entre veciños xurdiu despois de ir a un par de casas a axudar a apañar as patacas alá polo mes de setembro. Aquí é todavía moi habitual que os veciños se axuden nas labores do campo algo que en moitos sitios se está perdendo; o traballo comunitario e colaborativo desaparece en favor do individualismo, bueno, a xente que tamén desaparece das aldeas supoño que é outra razón de peso aínda que ó mesmo tempo unha razón importante para fomentar estes traballos compartidos, non? 
 O caso é que nós non iamos ser menos, ademais de botar unha man, que nunca vén mal, aproveitabamos para socializar. E pasámolo tan ben, sobre todo nos pinchiños e viños de despois do traballo, que pensamos que era un pouco triste que tivéramos que aproveitar a excusa  dunha labor para nos xuntar e botar unhas risas así que por qué non aproveitar o outono e celebrar un magosto.

 Onte disfrutamos dunha agradable reunión cos veciños diante da lareira dunha casa vella, disfrutamos da compañía mutua, dos contos e historias de antes, das risas... Ás veces parece tan doado levarse ben. 

2 comentarios:

  1. É só cousa miña ou na foto aparece a cacheira dun porco debaixo do tambor?
    Igual é a proximidade do San Martiño, a fame das dúas da tarde, ou as meigas, que habelas hainas... pero vino tan claro que non me podía resistir a volo comentar...
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. Ola Miguel!
    Pois agora que o dis e me fixo... sí que o parece, jeje, paréceo pero non o é. É o efecto máxico do lume.

    ResponderEliminar

Unhas palabriñas...