Dentro da paneira había un moble de cociña de contrachapado, daqueles míticos dos anos 70 que seguro fixeron ir ó lume a máis dunha xoia de madeira das nosas cociñas, salóns... porque deixaron de ser moda por aquel entón. E como aquí en Galicia parece que sempre nos gustou máis o de fóra que o noso propio, pois alá foron. Isto pasou ata coas casas: a carón das tradicionais de pedra pódense ver edificacións de ladrillo de moi mal gusto que substituiron ás primeiras e as viron caer convertidas en auténticas ruínas.
Total, este é o moble en cuestión.
Era bastante interesante pero difícil de conservar polo mal estado no que se atopaba, moitísima carcoma. Así que decidimos rompelo pero foi xusto cando o meu compi estaba neste momento da operación cando mirei para el e ocorréuseme algo...
Conservar a parte frontal enteira xa que era unha soa peza e estaba en perfecto estado. Para que? Pois nese instante non o tiven claro pero despois, cando xa estaba completamente salvada a parte que me interesaba e o puiden observar mellor, ocorréuseme a "pedrada" dun portafotos, un marco múltiple coma eses que venden para colocar moitas fotos xuntas con formas diferentes, pero o noso sería xigante!
Se tedes algunha outra idea, acéptoas encantada.










