Paseando polo monte xa vistes que podemos atoparnos de todo. Pero a maioría das veces afortunadamente o que nos encontramos é algo tan xenial coma isto: vedes esa especie de herbas brancas na malísima foto que seguidamente vos mostro? e á que puxen efecto néboa para disimular un pouco o borrosa que me saíu...
O lugar estaba cheo delas e cando me acheguei para miralas mellor puiden comprobar que o que parecía herba branca en realidade era auga, delicadísimas pinguiñas de auga que se pousaban e penduraban das herbas así...
Que cousa tan pequena creando tan gran espectáculo.
BonitÍsimas fotos las del final! Qué pasada.
ResponderEliminarPreciosas fotos, guapi!
ResponderEliminar