Fai uns días contaba como comezamos a limpar un alpendre pequeno a carón da nosa casa, a paneira. Pois aí seguimos. Bueno, en realidade quen máis fixo foi o meu compañeiro que xa quitou tódalas madeiras e picou moita pedra, eu só piquei unha parediña baixa que marca o desnivel das dúas estancias, para ser a primeira vez creo que lle din bastante xeito ou iso me dixo un veciño que veu botar un ollo, jeje.
Aquí podedes ver a evolución e mellor se o comparades coa entrada anterior aquí.
Agora quizais se aprecia mellor que é unha construcción en dous niveis, cunhas escaleiras de pedra no nivel superior que eran coas que se accedía ó piso de madeira que xa desapareceu. Esas escaleiras temos idea de trasladalas á parte de abaixo para comunicar ámbolos dous niveis. En fin, será por ideas, iso sí que é de balde!
Algo xenial de traballar nestas edificacións tradicionais son as cousas que vas atopando sen querer, pequenos detalles que supoñen todo un descubrimento cando valoras cousas tan simples como, por exemplo, as pedras; pero refírome ás pedras con personalidade, con moitos anos e historia ás súas costas. Ese foi o caso dunha especie de lavadeiro horroroso de cemento e ladrillo que había na parte de abaixo da paneira á esquerda (por se o queredes buscar nalgunha das fotos) e que cando collín a marra para destrozalo revelou que escondía un tesouro, unha gran laxa. A ese tipo de descubrimentos me refiro.
Déixovos outro detalle, a luz que entraba pola ventaíña cadrada enriba do que era o piso de madeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Unhas palabriñas...