O bo que ten vivir nunha aldea é que sempre tes algo co que pasalo tempo, sobre todo se se trata de observar é o lugar ideal. Por exemplo...
A semana pasada atrapamos un pequeno rato que se paseaba ultimamente por debaixo do noso fregadeiro (e probablemente varios sitios máis). Como non queremos empregar veleno entre outras razóns porque temos un gato (do que por certo falarei calquer día porque tamén se merece unha entrada para el só) pois imos tirando con algún que outro invento rexido polos principios de captura e posterior solta: unha gaiola cun cebo na que o ratiño entra incautamente e na que queda encerrado ó intentar atrapar o suculento premio por un mecanismo de peche automático moi profesional. Espero que os ratos non teñan un sentido da orientación demasiado bo porque o ceibamos a uns 50 metros da casa, sabería voltar?
A verdade é que os ratos son riquiños de verdade, bueno, agás polo rabo. Pero é que o fuciño, as orellas rosadiñas, as súas pequenas patiñas de catro unllas e os ollos acibeches son para comelos! Supoño que mentras eles non comezan a comer as túas cousas é máis doado manter esa fascinación, non?
Tamén é moi embaucador o lume e todo o ritual de encender a cheminea. Ás veces parecen hipnotizarte os movementos das chamas e as cores que se xeran, por exemplo na seguinte foto a piña debaixo do tronco, que estaba ó roxo vivo, parecía realmente incandescente como se dunha forxa se tratara.
Xa vedes, aburrimento a min.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Unhas palabriñas...