Unha idea de reutilización moi extendida para un canalón soe ser a de soporte para prantas, a modo de xardineira colgante.
Cando chegamos aquí tivemos que tirar moitas cousas inservibles que máis ben eran basura acumulada durante anos por algún dos ex-donos desta casa pero tamén decicimos -oops, mellor corrixo porque nesta casa se alguén ten síndrome de Dióxenes esa son eu- tamén decidín gardar algunhas que pensei que podían ter posibilidades de ser usadas nun futuro.
Ese foi o caso dun vello canalón que este verán aproveitamos para adornar unha verxa de madeira.
Pode ser que tivera quedado mellor pintado pero tampouco me disgusta así, se ademais co tempo as prantiñas crasas van medrando e extendéndose probablemente o cubran tanto que xa case nin se vexa, o que pode dar un efecto bastante chulo dende logo, non credes?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Unhas palabriñas...