As camisetas vellas ofrecen moitas posibilidades para ser reutilizadas. Nós facemos retais con elas que logo empregamos para limpar mobles, para colar e limpar a cera derretida das abellas... pero tamén poden ter un destino un pouco máis, digamos, artístico ou estético, por exemplo como divertidos colares.
A idea atopeina, como moitas outras, buceando por internet. Déixovos unha humilde mostra do que se pode facer e se vos gusta tedes centos de titoriais e ideas nas que inspirarvos pola rede.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Unhas palabriñas...