Esta entrada é especialmente adicada á miña compi cesteira, xa sabes ti por que.
Este modelo de taburete é máis que coñecido, precisamente por iso quixen darlle unha nova cara para que non fose o de todo o mundo. E así quedou.
Por se a alguén lle gusta ese efecto veteado ou agrietado vou explicar como se consigue:
- despois de lixalo cunha lixa delicada (a capa de barniz é moi fina) botamos cola branca de carpinteiro extendéndoa cun pincel por toda a superficie que queiramos pintar
- xusto despois de ter botado a cola branca extendemos a pintura da cor que nos guste sen agardar a que a cola seque, o pintado é inmediatamente despois! O efecto de veta prodúcese ó secar a cola e ir abrindo así a capa de pintura superior, o que se ve debaixo é a base orixinal de madeira.
- Unha vez seca a pintura verde debuxei esas tres liñas curvas cunha cor semellante á do propio taburete e finalmente barniceino.
Outra idea decorativa no caso de non querer ocultar a veta da madeira, ;) sería facer algún pequeno debuxo que dese orixinalidade e colorido ó moble. É o caso desta cadeira que a continuación vos ensino.
Creo que as fotos non son moi boas para ver os detalles pero sirve para que vos fagades unha idea e vos animedes a facer cousas semellantes.

Atopámola nun alpendre da casa, abandonada á súa sorte. Non é que sexa a silla máis robusta do mundo pero paréceme moi bonita, moi sinxela pero moi bonita. Para restaurala simplemente a lixei, boteille anticarcoma e despois ocorréronseme eses debuxos sinxelos; os paxariños da base foron sacados de internet e o do respaldo non foi máis que pintar unha dobre liña que xira arredor do mesmo, inspirada na idea principal da mesma base. Nada do outro mundo como vedes.
Unha vez pintado, capiña de barniz e andando!
Creo que as fotos non son moi boas para ver os detalles pero sirve para que vos fagades unha idea e vos animedes a facer cousas semellantes.
Pois vai ser que me gusta. Queda moi ben esa técnica da cola. Agora só me queda convencer, hi hi hi. Graciñas.
ResponderEliminarMUAKIS.