Nos paseos que ás veces damos polos arredores percorremos camiños realmente bonitos, sobre todo nesta época do ano na que están cubertos todavía polas follas do outono. E os verdes dos prados son incriblemente eléctricos. E esa herbiña miudiña tan delicada que case parecen peliños... Que bonito está todo.
E os carballos están incribles sen follas, coas ramas parece que fixesen debuxos contra o ceo.
E case sempre cando saímos cos nosos cans soen acompañarnos outros dous cans veciños, Truski e Tongo, que fan que os nosos cans e nós mesmos pasemos un rato aínda mellor. Ó primeiro é doado fotografialo porque sempre está preto pero ó gran Tongo resulta imposible, sempre nos observa na distancia e aparece entre as árbores coidando de non molestar a Buda, co que non se leva demasiado ben, pero é impresionante velo correr entre o bosque na procura de corzos e outros rastros.
O mellor do paseo do outro día foi a sorpresa coa que rematou: xusto antes de comezar a correr de volta para casa porque comezou a chover puidemos ver o Arco da Vella.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Unhas palabriñas...