A tarde de onte foi desas super productivas, en tódolos aspectos.
Tivemos a sorte de ter de visita a uns bos amigos e iso xa foi xenial; as visitas á nosa aldea agradécense moitísimo e as visitas tan agradables como a de onte aínda máis!
Pero é que ademais adicámonos a facer un montón de cousas. Estes colegas trouxeron uns palés co que querían facer algún moble para a súa casa e necesitaban cortalo; deuse a casualidade de que tiñamos aquí a motoserra que un veciño lle deixou a meu compañeiro para cortar o pino xigante que cortamos recentemente, así que foi cousa dun minuto. E xa que estábamos en faena e tiñamos ferramenta axeitada, por qué non lixalo? Total, que foi tarde de bricolaxe compartida.
E non quedou aí a cousa, de feito a tarde productiva comezou facendo xabón caseiro. Xa é a terceira vez que nos animamos con este traballo e encántanos o de elaborar o noso propio xabón, que facemos coa receita básica que emprega aceite usado, auga e sosa. Con dita combinación elaboramos o xabón que despois empregamos para lavar louza e roupa.
O molde desta vez foi un caixón de plástico dunha desas caixoneras de almacenaxe que había na casa e que non usamos. A forma e debuxo que vedes no xabón é o relevo da base do caixón. Facíanos falta un molde enorme porque fixemos tres litros de aceite!
A textura resultante non foi a que conseguimos en veces anteriores. Parecía que se nos cortara porque de súpeto mentras revolvíamos a mezcla ésta comezou a perder a consistencia líquida para pasar a ter como uns grumos que fixeron que o que tiña que ser un líquido espesiño parecera masa para un biscoito! O caso é que hoxe ó desmoldar non nos desagradou tanto. O importante ó fin e ó cabo é que sirva para lavar, así que dentro de mes e medio xa veremos.
E aproveitas para cortar ó día seguinte de facelo, que todavía a peza está blandiña.
Cortando, cortando... unhas 20 pezas ben contundentes de xabón para usar e regalar. Dende fai máis dun ano nós xa non empregamos deterxentes líquidos tipo "fairy", estamos moi satisfeitos co resultado que o noso xabón nos dá.
Agora xa estamos planeando a próxima xabonada pero esta vez con máis ingredientes e un pouco máis currado, un xabón para lavar mans ou corpo e seguindo os xenerosos consellos que me deu Nitdia de Comparte tus ecoideas, lugar da rede onde vos recomendo ir encarecidamente.
De momento agardaremos mes e medio aproximadamente para poder usar este suculento xabón con aceite reciclado.
Qué pouca fe e qué ben saíu o final.
ResponderEliminarBicos.
Qué maravilla obtener jabón casero reutilizando un subproducto molesto y contaminante como es el aceite usado! Moló comprobar lo sencillo que es fabricarlo, y compartir con vosotros la tarde, que sois un amor y tenéis una casa brutal.
ResponderEliminarBicos*